domingo, 31 de enero de 2010

A nosa comunidade escolar é solidaria!


Como xa sabedes, por iniciativa dunhas rapazas de 3º de ESO fíxose unha recollida de donativos para axudar ao pobo haitiano. A Comunidade Escolar acolleu con entusiasmo a idea e recolléronse 960 € que foron ingresados na conta que a CRUZ VERMELLA ten en Caixa Galicia. Desde aquí queremos agradecer a toda a Coumindade Escolar a súa colaboración e desexamos que esta pequena parte do que nós temos chegue aos que todo perderon. Grazas a todos, e en especial a Luisa, Fernando, Carla e Irene.

sábado, 30 de enero de 2010

Película para reflexionar

Esta película foi a gañadora nun festival de cine en Alemania... só dura 6 minutos, pero debería quedar para sempre na nosa retina. É impresionante!

lunes, 25 de enero de 2010

Día da PAZ


O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. No cole plantaremos a oliveira que compramos entre todos e arredor dela colocaremos todos os traballos que se están a realizar nas aulas durante estas semanas: lemas, pedras pintadas, postais para os nenos ex soldado, carteis, raps... E un precioso manifesto feito polos alumnos de 3º ESO:

MANIFESTO POLA PAZ

PROTESTAMOS POR:
As guerras, as inxustizas do mundo, protestamos pola xente que lle fai dano aos demais, polos programas violentos de TV, pola sociedade agresiva, polos maltratos que sofren os nenos e as mulleres, polo racismo, polo machismo, pola xenofobia, polas existencia de enfermidades que se poderían curar, pola fame, polo analfabetismo, polas discusións dos políticos que non levan a ningunha parte; pola falla de hospitais e escolas en moitas partes do mundo, polo estado de benestar que nos impide ver as traxedias que hai, polo egoísmo, pola indiferenza...

DESEXAMOS QUE:
Se destrúan todas as armas do mundo e non se derroche máis diñeiro en loitas e guerras, que se constrúan hospitais, escolas e estradas; que a xente teña dereito á sanidade gratuita; que nos ensinen dende pequenos a facer o ben e a pensar nos demais; que a pomba deixe o seu espírito nos corazóns de todas as persoas. DESEXAMOS amor, amizade,sorrisas,apertas, bicos, aloumiños ...


POR TODO ISTO: PEDIMOS, non! mellor ESIXIMOS!!! que todos nos impliquemos en conseguir o que desexamos e acabar dunha maldita vez co que protestamos.

Texto básico: Juan Picos, Manuel Amado, Adrián Ramos e Fernando López.
Colaboradores: todo o curso de 3ºA

sábado, 23 de enero de 2010

XENTE BOA



Pedro Cavadas (Valencia, 1965), é un ciruxano reparador e reconstrutivo, autor do primeiro transplante de cara da medicina española. Tamén reimplantou mans, converteu un brazo dereito en esquerdo, salvou unha man coséndoa durante nove días á perna do paciente...
África cambiou a súa vida.
El non oculta o seu pasado “pijo”, de condutor de 'Porsche' polas avenidas de Valencia. Pero, asegura, unha visita a África cambiouno para sempre. Decidiu viaxar a Kenia para «facer turismo de adrenalina, coa idea de salvar uns cantos negriños e volver a casa contento». Pero... o que viu alí alterou todo. «O mundo real está en África. Alí as peores feras son as persoas. As liortas por un pozo de auga resólvense a tiros ou a machetazos», di.
Cavadas renunciou ao luxo, vendeu o seu deportivo, enviou os cartos a Kenia e creou unha fundación en Valencia para tratar a persoas con poucos recursos. «Ninguén que requira de min un tratamento vai quedar sen el por falta de cartos», asegura.
E todos os anos volve a Kenia, onde pasa longas tempadas reconstruíndo corpos.
Le a entrevista, gustarache.

viernes, 22 de enero de 2010

AXUDA A HAITÍ


Por iniciativa de Irene, Carla e Luísa (3º ESO), no noso cole estanse a recadar cartos para enviar a Haití. O luns 25 pasarán polas aulas con huchas para conseguir os vosos donativos e despois facer o ingreso nun número de conta de axuda aos damnificados. COLABORADE! Nese país o caos e a pobreza son enormes e necesitarán todo o apoio internacional posible.

martes, 19 de enero de 2010

DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLES

Nestes momentos nos que falamos de linguas, é importante ver o seguinte traballo sobre sostenibilidade lingüística, que poñen á nosa disposición varios compañeiros do PLAMBE. É unha traducción do Decálogo elaborado polas Universidades catalanas feita por Adelia Troncoso; esta presentación é de Mónica Muñoz.
Lede, disfrutade e poñédeo en práctica.

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

sábado, 16 de enero de 2010

SEGUIMOS REFLEXIONANDO: ENFERMIDADES "CURABLES"


Con só ter un pouco de boa vontade e non mirar para o embigo propio... podemos, por exemplo, curar enfermidades mortais como a de CHAGAS en países de Sudamérica (Colombia, Venezuela, Arxentina, Ecuador...). Pensar que, só con PINTAR as paredes de adobe de certas casas e manter controlado o entorno, se pode erradicar unha enfermidade provocada por un insecto (a VINCHUCA) que vive na humidade das paredes e que ISO NON SE ESTÁ A FACER... pon os pelos de punta. Non si?

jueves, 14 de enero de 2010

PARA REFLEXIONAR!!!



Escribide moitos comentarios. Dentro duns días celebraremos o día mundial para a PAZ e estaría ben que non fose só un día máis. Só unha pequena explicación do vídeo: trátase dun experimento realizado con 21 pequenos dunha escola infantil de Harlem (o barrio negro de Nueva York)realizado en 2004 por unha estudante de Manhattan, seguindo os pasos do "Test da boneca" feito en 1954 por Kenneth Clark.

miércoles, 13 de enero de 2010

O DÍA DA PAZ

O próximo 30 de Xaneiro celebraremos o día da Paz.Aquí tedes un cartel preparado polo CEIP DE ESTEIRO (Ferrol) para abrir boca:


viernes, 8 de enero de 2010

E o 2010 tamén é o ano da lectura


¿Non dixemos que ía ser un ano importante? Pois o 2010 tamén foi declarado pola Xunta de Galicia o ANO DO LIBRO E DA LECTURA. Aquí tedes o folleto. (Para saber máis cousas ide ao blog de Salicornia, onde tamén atoparedes unha páxina para troco de libros).

martes, 5 de enero de 2010

2010, un ano importante


Ademais do ano das culturas, tamén é o ano dedicado á BIODIVERSIDADE. Non o esquezades porque será moi importante para concienciarnos de que coidemos moito máis o noso planeta. Só durante o ano 2009 desapareceron unhas 30.000 especies vexetais!!! Estas teñen moita importancia porque a natureza garda tesouros incalculables. Mirade, acaba de atoparse unha substancia nun cogomelo que axuda na curación de distintos tipos de cancro. Trátase dun champiñón salvaxe que é un verdadeiro antibiótico do bosque. Imaxinade que fose un dos desaparecidos! E coma este haberá moitos outros aínda por descubrir. Por iso, a ver se este ano serve para convencernos de que hai que preservar as marabillas que contén o planeta azul.